02/05/24

FINAL INTERCOMARCAL DE BADMINTON SERRA DE OUTES

 O pasado martes 30 de abril celebrouse en Serra de Outes a final intercomarcal de badminton, na cal, o noso centro contaba con 8 representantes.

De 5º de Educación Primaria foron Celia e Bruno e de 6º de Educación Primaria Dani, David, Alex Liu, Gonzalo, Lucas e Martín. 

Nos dezaseisavos de final, pasaron Martín, Lucas e Gonzalo, os demáis perderon os seus respectivos partidos, polo que pasaron ao cadro dos repescados, chegando á final Álex Liu (conseguindo 3 victorias no seu haber) todos xogaron un mínimo de 2 partidos, sendo unha gran festa deportiva e de convivencia pois compartimos autobús e tamén estancia co CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños.

Foi unha viaxe longa, pero mereceu a pena, unha experiencia máis a través do deporte, onde aprenderemos a competir, a ser xustos cando actuaron de árbitros e a xestionar as victorias e as derrotas.

Este último evento cerra a temporada XOGADE no CEIP Milladoiro, esperamos que o alumnado o desfrutase e que o ano que ven, continúen desfrutando desta modalidade de participación deportiva.



Acceso á galería de imaxes clicando na seguinte:
👇

                                                        PARABÉNS CAMPIÓNS!!!

5ºEP_Cociñando... xeometría!

5ºEP_Aula de cociña

5ºEP_Aula de cociña
Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Presentamos as nosas creacións culinarias tentando que fosen o máis xeométricas posibles (triángulos, cadrados, rectángulos...) e con ingredientes do máis saudable: salmón afumado, pan de molde, queixo crema, uvas e mandarinas.

O traballo en equipo presidiu a actividade: borrador de ideas tendo en conta os ingredientes dispoñibles e reparto de tarefas para a creación final. Creacións moi relacionadas co noso título do Plan Lector de aula: "Ula e Vinca. O feitizo de primavera" de María Brenn e editado por Antela.

Creacións que achegamos a continuación:

  • "O oso" do equipo 1 composto por Siro, Fran, Mara e Uxía P.

  • "A casa" do equipo 2 composto por Noela, Andrea, Uxía M. e Lola.

  • "Árbore rica, rica" do equipo 3 composto por Pablo, Marco U., Carlos e Leo.

  • "Cartoon cat" (gato de debuxos animados) do equipo 4 composto por Damián, Celia, Ainoa, Bruno e Salvador.

Creatividade en acción e... degustación final do máis deliciosa!

27/04/24

Biblioaxudantes de 5º na radio (Entrevista a Hugo e a Toni, director da ONE Surf Academy)

     Neste pasado venres 26 de abril, Hugo e Toni viñeron ao pavillón do noso centro a impartir a sesión introductoria dentro do programa ¨Aprende a través del surfing¨. Aproveitando esta visita, aceptaron a proposta de poñerse diante dos micros de Radio Balea e ser entrevistados por un grupo de alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria dentro da iniciativa ¨Biblioaxudantes de 5º na Radio¨. 

Os entrevistadores foron Damián, Ainoa, Pablo, Siro e Uxía Martínez, a coma técnica de son, Celia. Foi unha entrevista moi amena e didáctica, e que nos axudou a coñecer un pouquiño mellor a estes dous cracks que nos están guiando no descubrimento dun deporte tan apaixoante coma o surf, ademáis de coñecer os segredos do mar e o respeto e o coidado polo medio mariño.

O resultado é o seguinte, esperamos que o desfrutedes!!

23/04/24

6ºEP_Encontro con Eva Mejuto: "O día que choveron gatos"

Damos continuidade ao noso Mes das Letras 2024 co encontro entre o alumnado de 6º de primaria e a autora Eva Mejuto, facilitado pola editorial Xerais.

O título do Plan Lector Anual da aula de 6º de primaria, "O día que choveron gatos", motivou o encontro para coñecer, en persoa, a escritora do libro. Ao tempo, Eva respondeu a todas as preguntas en relación co libro e con moitos outros títulos da súa autoría: a súa traxectoria vital e literaria.

Encontro con Eva Mejuto

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Agradecemos a Eva a súa dispoñibilidade e amabilidade, o alumnado quedou encantado de coñecela e presentarlle as súas creacións artísticas ao redor do libro, mesmo puido levar un borrador da segunda parte do mesmo, escrita por Alejandro García, para a exposición de aula.

Encontro con Eva Mejuto

Achegamos o podcast gravado en Radio Balea, partindo dalgunhas das preguntas-respostas realizadas na biblio, para que o seu paso polo noso cole perdure en... escrita, imaxe e son.

Estaremos atent@s a próximas publicacións da autora.

22/03/24

6ºEP_Formación Biblio Creativa: E-textiles

O alumnado de 6º de primaria desenvolveu a formación de Biblio Creativa da man de Cati e Flor de Maker Store (Carballo).

Os e-textiles foron o contido protagonista: tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LEDs, sensores...

Nen@s desenvolvendo as súas habilidades creativas, artísticas e pensamento computacional, habilidades do século XXI.

Biblio Creativa

Premer na imaxe para acceder á galería de fotos

Unha vez máis, Cati e Flor primaron o proceso sobre o produto final, un proceso altamente creativo e de autocoñecemento.

Un fin de trimestre entre fíos condutivos, LEDs e... creatividade!

08/03/24

5ºEP_Entrevista fantástica: Manuela A. Barreiro Pico

Co gallo do Día da Muller, presentamos a entrevista fantástica a unha Muller galega e pioneira en moitos feitos: Manuela Antonia Barreiro Pico, primeira Muller Licenciada en Farmacia.

A vindeira semana, celebraremos na nosa biblio a Semana da Muller 2024, e este será o produto final que presentaremos: investigación e comunicación en Radio Balea. Tamén vos deixamos o podcast:

Feliz Día da Muller, hoxe e... todos os días do ano!

6ºEP_Entrevista fantástica: Jane Goodall

Presentamos a entrevista fantástica a Jane Goodall que realizamos, en relación co PDI "Medicus curat natura sanat", para presentar a vindeira semana na nosa biblio conmemorando a Semana da Muller 2024.

Feliz Día da Muller 2024!





05/03/24

BADMINTON (TERCEIRO CICLO)

O alumnado do terceiro ciclo que de forma voluntaria quixo participar no campionato de Badminton celebrado o martes 5 de marzo en Serra de Outes viviu unha nova e enriquecedora experiencia a través do deporte.
Unha longa viaxe tivemos ata chegar ao pavillón de Serra de Outes, pero o esforzo mereceu a pena. Alí, xunto con varios centros do Barbanza, xogamos unha serie de partidos diante dunhas gradas cheas de público. 
A xornada foi fantástica e cando os membros da organización chamaban aos nosos e nosas valentes para xogar o partido, unha ovación dos seus compañeiros e compañeiras os acompañaban.
Houbo nervios, tensión, deportividade, compañerismo, moito ánimo e tamén victorias e derrotas. 
7 nenos e nenas entre os cursos de 5º e 6º de Educación Primaria acadaron a clasificación para a fase final intercomarcal que se xogará o 30 de abril de novo en Serra de Outes.
Por se isto non fora pouco, ademáis, viviron en primeira persoa o arbitraxe, xa que eran dous nenos/as neutrais os encargados de arbitrar os partidos.

Parabéns rapazada!!!!!




ACCESO A GALERÍA DE IMAXES CLICANDO NA SEGUINTE: