21/12/09

eva e guio.


desexamosvos feliz nadal,feliz ano novo e feliz ano 2010.

19/12/09

Investigando na web: Casas Famosas

Este ano andamos a investigar sobre a VIVENDA. O que tiñamos que facer era escoller un edificio famoso que xa coñeceramos (ou atopar algún que nos parecese interesante)e logo buscar na web os seguintes datos: nome (se o ten), ano de construcción, arquitecto ( se se coñece), uso orixinal do edificio, uso actual e país e/ou cidade na que se atopa.
¡O que custa topar alguns datos! Pero aí os tendes:

18/12/09

Rosi e Fani


Como di o refran ano novo vida nova. A miña compañeira e eu esperamos que teñades moitos regalos.

Diego e Miguel


deseámosvos un feliz aninovo e unhas felices festas. bó nadal a todos

Feliz Nadal

Dexesámosvos moi boas Navidades e Noiteboa a todos/as ... ¡E FELIZ ANINOVO!
Ceci e Andrea

17/12/09

Felicitación Irene e Jessi


Esperamos que pasedes unhas boas festas e prospero aninovo.

Christian e Julian



Este Nadal
non o pases mal.
Este aninovo
come de todo.
Neste novo ano
non tires o pano.

Bo Nadal


jorge,Martin.C e Daniel desexamosvos a todos un bo nadal e un prospero aninovo

16/12/09

Portal Genmatic

Veño de enlazar nos Nosos Favoritos este portal completísimo.
Mirade ben as pestanas da parte superior:

Tódalas áreas (incluída L. Inglesa), xogos de habilidade, sudokus... todo ordenado por idades para que haxa recursos para toda a familia.

Ten a peguiña de que apenas hai recursos en galego pero... e cuestión de tempo e ademáis...¡nós sabemos idiomas!
Preme sobre a imaxe e escolle a que qieres xogar.
Feliz día friiiiiiiiiisimo

13/12/09

Creación de Power Point



Co fin de que milloremos as presentacións en Power Point, veño de poñervos na columna de enlaces unha nova sección con acceso a videos que serán de axuda.
Animar textos, poñer son... son efectos que fan as presentacións máis amigables.

E agora...¡a xogar con elas!
Deixovos tamén AQUÍ un titorial sinxeliño para lembrar o uso do programa.

5/12/09

Obradoiros de Traballo Decente



O xoves fixemos un par de obradoiros sobre Traballo Decente.
Preguntas, probas, reflexións sobre as condicións de traballo das persoas no chamado Primeiro Mundo (Comunidade Europea e América do Norte)e os outros mundos (América do Sur, Asia, Africa, Indonesia...)
Estivo ben a reflexión sobre o prezo dun bolo con chocolate industrial e o dun bocadillo de queixo: eses prezos tan baratos para productos que veñen de tan lonxe...¿canto se lle paga a quen o fai?
Aprendimos tamén que é o dereito á folga, que é cotizar, que é un salario digno...
Os monitores fixéronnos o traballo mo agradable.
E tamén nos falaron das tendas de Comercio Xusto nas que se venden productos que foron fabricados sen explotar a ninguén e cao seguridade de que quenes os fixeron non foron outros nenos coma nós.
Esta actividade está dentro da cousa que estamos facendo para traballar os Dereitos Humanos.
Tendes máis información no blogue da Biblioteca e no de 3º

25/11/09

Dereitos dos nenos, Dereitos Humanos. Dereitos de todos e todas

Velaí esta presentación que preparou Loly Lago. Mirade con atención e teredes moita, moita información sobre cousas que suceden hoxe, onte, cada día...¿sempre?



Ademáis, podedes consultar:
A visión de Mafalda
UNICEF
Declaración da UNESCO
Video Mafalda
Ademáis, o noso libro que se completará cos debuxos que estades a facer:
| View Sample Photo Books | Create your own Photo Book


Para velo desplegado, xa sabes: PREME AQUÍ
E, se non chega o material, xa sabedes...¡a buscar!

Webquest do Ceip Andrade de Ferrol

21/11/09

Viaxe á Ribeira Sacra


Alá fomos. Saímos ás 8:15 da mañá para comezar un día longo e precioso.
Como o tempo non acompañou moito, houbo un cambio de plan e, en lugar de facer unha camiñata olo monte, visitamos os mosteiros de San Pedro de Rocas e Santo Estebo de Ribas de Sil. Logo fomos comer ó polideportivo de Luintra (que aínda non está acabado de facer) e alí recibimos a visita de Santi, un afiador que nos explicou cousas do oficio: que é un naceiro, un mutilo... e aprendeunos frases en Barallete (a xiria que usaban os afiadores para comunicarse entre eles):
Bata, caranto caxirte un mordato
Mamá, quero darche un bico
A orenta é un talaxío taril, non talaxedes a orenta.
A auga é un ben preciosos, non malgastedes a auga.
Se apeñades dos morenos, os morenos apeñarán de vós.
Se coidades das árbores, as árbores coidarán de vós.
Logo fomos ó catamarán e percorremos un tramo do río Sil. Vimos as cepas do viño que parecía imposible que alguén chegase ata elas.
E logo... a volta. Chegamos a Malpica ás 21:15. Tal e como quedaramos coas nosas familias.
Cansos pero moi, moi contentos.
A información e os enlaces ó que se pode ver na Ribeira Sacra, xa volos puxemos nas entradas anteriores (as dos textos da webquest) así que, non repetimos.

19/11/09

Ribeira Sacra



Ribeira Sacra:
A Ribeira Sacra está formada por vintedous concellos:A Pobra do Brollón · Baños de Molgas · Castro Caldelas · Chandrexa de Queixa · Chantada · Esgos · Maceda · Manzaneda · Monforte de Lemos · Montederramo · Nogueira de Ramuín · A Peroxa · A Teixeira · Pantón · Parada de Sil · Paradela · Pereiro de Aguiar · Portomarín · Quiroga · Saviñao · Sober · Taboada
Chámase así pola gran cantidade de mosteiros que existen na zona.
Chégase: indo ata lugo pola A-6 e desviarse en dirección Ourense pola Lu-903.
Na Ribeira Sacra vívese do cultivo de uvas para obter viño. E de facer o viño.
Monumentos que visitar:un dos dezaoito mosteiros que hai, por exemplo o de Santa Cristina, os Cañóns do Sil e as viñas que se poden contemplar se sigues o curso do río.

Ribeira sacra



O nome de Ribeira Sacra probablemente vén da Idade Media, e nun principio pensouse que a denominación procedía do latín Rivoira Sacrata, e que podería ter a súa orixe na gran cantidade de mosteiros e templos que se construíran nos canóns e escarpadas abas típicas da comarca.
Chégase pola A-6 .Dende Malpica á Coruña , en Coruña cóllese a A-6 ata Lugo e alí LU-903 e despois a OU-903 cando vexas o rio segues o seu curso.
Alí principalmente vívese do plantar vides e facer viño: a D.O. Ribeira Sacra.
Os monumentos son: mosteiro de Pedro Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo , Xunqueira de Espadañedo, Santo Estebo de Ribas de Sil... e así ata máis de 18.
.
Tanto eu coma Jessica temos moitas ganas de ir á Ribeira Sacra e con este traballo aprendimos algo mais .

A Ribeira Sacra.


COMO CHEGAR DENDE MALPICA ATA VILARIÑO

Ir dende Malpica ata Arteixo, alí coller o desvío para Madrid/A-6/Lugo, logo coller a estrada LU-903 ata a OU-903.
A continuación dirixirse ata OU-0604 e xa estaremos.

CONCELLOS DA RIBEIRA SACRA

Os concellos da Ribeira Sacra son: A Peroxa, A Proba do Brollón, A Teixeira, Baños de Molgas, Castro Caldelas, Chandreixa de Queixa, Chantada, Esgos, Maceda, Manzaneda, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Sabiñao, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Pereiro de Aguiar, Portomarín, Quiroga, Saviñao, Sober e Taboada.

MONUMENTOS

Vale a pena visitar algúns dos 18 mosteiros, por exemplo: O de Santo Estebo, o de Santa Cristina de Ribas de Sil ou o de Santa María de Montederramo. Ou algún castelo coma o de Peroxa ou o de Castro Caldelas.

¿POR QUÉ SE CHAMA ASÍ?

Chámase así pola cantidade de mosteiros e templos que ten na ribeira do río Sil.


ALÍ VIVEN DE…

Viven de elaborar viño, xa que alí é a terra del. Teñen unha denominación de orixe: Ribeira Sacra.

29/10/09

Os Planetas

Agora andan co dos folletos tirísticos pero o mes pasado estiveron averiguando cousas dos planetas do sistema solar e fixeron esto:

Malpica. Por Martín C. Jorge e Daniel

18/9/09

Comeza o curso


Vexo que onte Leo xa andivo ós contos. Paréceme ben, a verdá é que eu rin a cachón coa frase de Fani.

Deixámos, para os amigos e amigas de fóra, unha foto de como estamos este curso. Comparade esta foto coa do inicio do curso pasado. ¿A que medraron moito estes nenos e nenas?

Xa case están listos para marchar ó Instituto. Só falta percorrer o camiño deste curso que esperamos que nos faga (ademáis de máis altos/as e guapos/as) máis sabios/as e máis cultos/as.

Eu, persoalmente, quero que fagamos unha excelente travesía.

17/9/09

A Histoira Antiga, mola!!!

Acaba de dicilo Fani. Oínllo cando saían da aula dos ordenadores e ía falando con Olga e con Rosana.
Fíxome gracia o comentario porque recoñeceredes que non é moi normal oirlle dicir esto a alguén que está en 6º.
O conto debeu vir porque hoxe na clase falouse do Imperio Romano a da chegada do Latín... e andiveron rodando entre as mans libros que falan do tema.
Logo veu a clase de Coñecemento e seguiron a investigación sobre Astrónomos ilustres que están a preparar para a exposición oral do luns. Ela está recollendo información sobre Copérnico, seguindo a actividade que teñen enlazada neste blog e que fixeron os do Ceip. Condesa de Fenosa
Estáno pasando estupendamente. Tanto, que Fani saeu dicindo eso de:

A Historia Antiga, mola!!!

Eu penso que, o que lle mola a Fani (ademáis da Hª Antiga, claro) é notar que o que aprende lle é útil e lle interesa. E facelo buscando a información ela mesma.

P.D.- O curso xa comezou hai uns días, como sabedes. Olga vailles facer unha foto de presentación do curso para pór aquí, pero ata hoxe non puido ser porque Andrea andaba de viaxe.

18/6/09

O final de 5º


Este curso pasóusenos voando a todos.Medramos todos un pouco, comparade esta imaxe coa de principio de curso eeeeeh..¡¡¡
Tamén aprendimos moito!!! Todos o pasamos moi ben.
Para a festa de fin de curso temos que bailar e cantar O rap da lingua que esta no blog da biblioteca.Ata o curso que ven.

Clausura da Biblio

Onte os colaboradores da biblioteca recibimos un regalo e desta vez as mais leonas foron Ana de 4ºA e tamen Eva Ruibal da nosa clase. As duas recibiron un agasallo, e un diploma a Eva regaláronlle un libro de Fina Casalderrey,e a Ana Fariña un de Miguel Vázquez Freire:
-O misterio do cemiterio vello
-O neno que tiña medo dos robots.
Ademáis, os colaboradores de 6º levaron un diploma polo seu traballo na biblio durante todo o curso.

16/6/09

Novos amigos...¡Os de Fene!


Os de Fene viñeronos visitar o noso colegio para ir a Buño .

Fumos visitar o Ecomuseo,fixemos pezas de barro e comimos alí.

Foi moi divertido,porque, xogamos todos xuntos á pilla,ó escondite,etc...

Nós viñemos ó colexio e eles estiveron mirando un pouco a biblioteca.

Despois,os de Fene,foron mirar a lonxa con Olga.

11/6/09

Viaxe a Ons

A viaxe a Ons foi moi divertida.Vimos o Buraco do Inferno, o Mirador de Fedorentos, un vello campamento...
Cando chegamos de facer unha marcha de 6km estabamos agotados ainda que non tanto coma para non darnos un bo chapuzón. O acabar tomamos uns xelados.
OPINIONS:
Fani:O viaxe foi moi divertido,ainda que levamos un que outro golpe.
Diego:Foi un viaxe inolvidable,o mellor foi bañarnos.

Aitor e Dani




















A nós este curso gustounos moito porque fixemos moitas cousas: estivemos todo o curso contactando cunha escola de ferrol, fumos de excursion as illas Ons, fixemos uns Sacapenas para mandarlle os nenos de Gaza, que sufriron unha tremenda guerra, tivemos unhas Mochilas Viaxeiras que son unhas mochilas que traen libros ,duas pelis e un cede de musica e levámolas ás casas para ler en familia.

Por eso e moito máis este curso foi o que máis nos gustou de todos.

Os nosos amigos de Fene.



O día 14 de Maio coñecimos aos nosos amigos de FENE, despois, fomos o Ecomuseo Forno do Forte. Fixemos figuras co barro e cando rematamos comemos alí.


Ao acabar viñemos para o noso cole, ensinámoslle a clase e a biblio. Algúns liron contos como: unha pantasma con asma, corre corre cabaciña etc.


Olga, a nosa profe levou aos nenos, nenas e profes a lonxa de Malpica.


O noso curso

Ola,somos Miguel e Jorge.Imosvos contar o que máis nos gustou de este curso.Gustounos moito ir as illas Ons,pero tamén facer uns traballos de Educación Documental sobre Fleming,China e Australia.No viaxe as Ons tuvémonos que levantarnos moi cedo,as seis da maña.Fumos en autobús,tren e barco.Dimos a volta a illa e vimos o Burato do Inferno,o Miradór de Fedorentos e...¡Tamén fumos a praia! En resumen gustounos moito o curso e as excursións.Ata o ano que ven.

VIAXE AS ILLAS ONS


A min e a MARTÍN C. gustounos moito a excursión que fixemos as Illas de Ons cos compañeiros de cuarto e sexto.Andamos seis quilómetros (tres para ir e tres para volver).
Cando viñemos de dar a volta bañamonos na praia e pasamolo bomba,despois comemos ,mercamos un xeado e xogamos un pouco.
Logo xa recollemos e marchamos.
A verdade e que foi unha viaxe inolvidable.

O libro que mais nos gustou.


A min e á miña amiga Irene entusiasmounos moito un libro titulado A escola dos piratas.
Ás dúas nos gustan os libros de aventuras e ese libro é, entón, o libro perfecto para os nosos gustos.
Limolo e case que non o queriamos deixar de ler. Preguntámoslle as nosas nais pero o intento foi en balde porque non nos deixaron mercalo.

10/5/09

Os nosos amigos de Fene

Temos un curso amigo no colexio da Xunqueira en San Valentín (Fene). A través da nosa profesora de Inglés, que foi profe súa o curso pasado, naceu esta relación que foi por carta todo o curso.

E chegou o día de coñecernos.

Custounos traballo acordar unha data e, por fin, foi o pasado xoves.
Viñeron eles acompañados de Pilar, Hipólito e Olga (outra!) dous profes e unha nai.
Foi un día moi lindo: pasamos a mañá no Forno do Forte en Buño e alí comimos. Despois viñémos ó Milladoiro, ensinámoslles todo o cole e pasamos un rato estupendo na biblioteca lendo uns para os outros.
Máis tarde, baixamos á loxa e presenciamos a subasta. O dito:

Un día para lembrar!
Esperamos poder repetilo o vindeiro curso. Mentres tanto, aí vos quedan unhas cantas esceas do día.

26/4/09

Esto non é manipulación xenética, é IMAXINACIÓN




Aí quedan os nosos animais de compañía.
¿Cal che gusta máis?

16/4/09

O ladrón de setas

Eu vin nunha revista unha historia parecida a esta. Lin un libro pola noite na casa que falaba de setas e, xuntando unha cousa coa outra: saéu esta historia.

Luís e o seu can

Esta historia contouma miña avoa.

Xaimiño vixía o leite


Eu decidín contar un chiste que atopei nunha revista.

14/4/09

Selo violeta


O Segrel do Penedo regalounos este marabilloso selo
O Selo Violeta ven de Blogstórias Essenciais e segundo os seus creadores "O Selo Violeta representa as sensações que a cor violeta traz para a nossa mente. Este prêmio é dado aos blogs que têm algumas das sensações da cor violeta. São algumas delas: magia, encantamento, graciosidade, magnetismo... e tudo aquilo que parece mágico".

Este agasallo ven xunto cunhas regras que debemos cumplir:
- Exhibir o Selo Violeta no blog xunto coas regras.
- Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
- Avisar aos indicados, non hai que esquecerse diso!
- Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.
Canto òs poderes máxicos, nós queremos:
a imaxinacióm de D. Quixote, a forza de Popeye, a intelixencia de Asterix, o paraugas de Mari Poppins, os disfraces de Mortadelo e a maxia de Matilda.

7/4/09

Recursos para o blog

No blog dos nosos colegas de Quintela, descubrimos esta páxina que nos dará múltiples ideas de recursos para engadirlle ó blog.
¿Que vos parece?

2/4/09

Dous ovos


Estaba eu facendo unha tortilla con miña nai, cando se me ocurreu esta historia. Olga dixera que non había que saber debuxar ben para poder facer un cómic. E aquí está o meu.

O meu tebeo

Cando o estaba debuxando parecíume unha burrada, pero agora... ¡gústame! e ós compañeiros tamén.

26/3/09

Galipedia



A semana pasada publicamos (¡por fin!) na Galipedia os traballos que fixeramos sobre o Antroido en Malpica: O Xogo das Vacas de Barizo e a Mikaela de Buño.
Aínda nos faltan as Madamas e Madamitos de Cerqueda... pero estamos nelo.
Nenos e nenas traballaron moitísimo, primeiro falando con todos aqueles que podían contar algo. E logo, rescatando o que había de singular en tódalas aportacións.
Deixamos o enlace: Malpica

8/3/09

8 de Marzo. Dí da Muller Traballadora

Da man dos nosos amiguiños de Cadernos de Vide coñecín estes videos. Mirádeos con atención:


Hoxe é 8 de Marzo e, no mundo enteiro, adícase o día a lembrar os problemas que teñen as mulleres como traballadoras.
Esto da conciliación da vida familiar e laboral... na túa casa... ¿como se fai?

5/3/09

Fabricando Sacapenas

Hoxe estiveron facendo SACAPENAS. Fíos, la, telas, goma-eva... e as mans. ¡Que mans!

E, cantas risas! cantos...¿axúdasme?, cantas cousas tocadas por vez primeira!

E Fani dixo:

-A min o que me emociona é saber que o meu vai estar na man dun neno de tan lonxe.

Bueno, Fani...¡é así!

Seguro que mañá acaban. E ata Olga levou un para facer na casa!!!

28/2/09

Caligramas


Hai uns días que nos puxemos a facer caligramas, non con poemas senon cunha soa palabra. A verdade é que foi moi divertido.
Aquí tendes unha mostra dos millores. Non están todos ¿verdade, Miguel?

24/2/09

Unha páxina para repasar


Acabo de topar esta páxina que pode ser unha boa maneira de repasar esas cousiñas que.... dunha maneira divertida.
¡A ver se vos gusta!
Coloco tamén o enlace na barra lateral

19/2/09

Medicamentos máxicos

O mes pasado andivemos a inventar medicamentos máxicos. É posible que andemos nexesitados de algún deles. De momento xa temos as fórmulas maxistrais para facelos.
¿Queres velos?

9/2/09

Os nosos animais raros

Estes días que andabamos a estudar os animais, fixemos unhas cantas búsquedas nos libros sobre animais que non coñecíamos. Aquí quedan algunhas delas, co que conseguimos aprender de procesar texto.... Ademáis, o traballo valeu para aprender a mandar un correo electrónico cun arquivo adxunto. Pagou a pena.

21/1/09

O animal máis velenoso do mundo

Agora que andamos a saber algo máis dos animais...¿a ver se coñeciades este?
Estade tranquilos, que por aquí non o hai.