20/01/13

Colón ¿galego?

Falamos e comprobamos a escuridade que rodea as orixes do almirante. Abundantes documentos relaciónano con Galicia.
Guillermo García de la Riega, escritor pontevedrés e bisneto do iniciador desta tese, mantén esta páxina na que encontraredes moita información.
Non está pensada para rapaces así que... botádelle algo de ganas porque realmente paga a pena.
As teses máis oficialistas dan por bo o asunto do nacemento en Génova pero... que hai de verdade nela? como se documenta? Nós xa sabemos que todo canto non se documenta é unha opinión e, as opinións... xa se sabe: cada quen temos unha!

Mirade tamén no lateral da páxina que aparece un caderno electrónico coa biografía resumida.
Premendo sobre "mapa del sitio" veredes un guión no que se pode seleccionar o apartado que queremos ler.

Ningún comentario: