18/03/15

Xornal, Música e MUNCYT

Onte fomos a Coruña. Primeiro ao xornal La Voz de Galicia. Logo a un concerto no Pazo da Ópera e despois ao MUNCYT
A primeira visita decepcionounos un pouco porque non vimos como se fai o xornal. Só a unha señora que nos explicaba. As profes dixérannos que sempre agasallaban un xornal e un libro e outros para a biblio. Pero non nos deron nada.
Logo o concerto foi estupendo porque estabamos sentados moi cómodos e non tivemos que estar fora agardando moito tempo coma outras veces. As profes felicitéronnos porque nos portamos moi ben.
 O millor foi o museo da ciencia e tecnoloxía no que vimos varias máquinas impresionantes e construímos un helicóptero. Aquí foi onde comemos. O día foi estupendo. As fotos AQUI

Ningún comentario: