01/10/15

A miña cadela Trufa

Chámome Yessica  e teño 10 anos .
A miña cadela chámase Trufa .É un pastor alemán. Ten os ollos marróns. A sua pelaxe  é de dúas cores: negro e area . Gústalle  moito ir á praia de Seiruga e nadar no mar. Cando veño da escola  véxoa coa pelota na boca e sempre xogo con ela. Non lle gustan os gatos . Estoulle ensinando a dar a pata  e a sentarse .
                      ¡¡¡ É moi lista !!!

Ningún comentario: